quebracho

quebracho

( 2 acha)

  1. [PLANTA]
    1. s m

      Árbore, dos xéneros Aspidosperma e Schinopsis, de madeira moi apreciada.

    2. quebracho branco [Aspidosperma quebracho, Fam das apocináceas]

      Árbore con follas simples, alternas e coriáceas, con flores pequenas de corola lobulada, dispostas en panículas, e froitos bifoliculares. É propia da Arxentina setentrional.

    3. quebracho vermello

      Árbore, do xénero Schinopsis, da familia das anacardiáceas, especialmente as especies S. balansae e S. lorentzii. As follas poden ser simples (S. balansae) ou pinnaticompostas (S. lorentzii), as flores pequenas e dispostas en panícula, e os froitos de tipo drupa están provistos de taninos. Son especies madeireiras propias do Gran Chaco.

  2. s m

    Madeira destas árbores.

Palabras veciñas

quebequés -sa | quebra | quebracabezas | quebracho | quebradizo -za | quebrado -da | quebradura