Queimadelos, pazo de
Queimadelos, pazo de
Construción situada no Freixo (Crecente). Realizada en cantaría, ten planta en forma de U con dúas alturas. Unido a un dos corpos laterais e aberto cara ao patio sitúase unha escaleira exterior. Na parte posterior ten unha solaina e á adega accédese por un arco de medio punto. O portón de acceso ten ameas e un escudo. Conserva anexa unha capela e ten un pombal.