queimador -ra

queimador -ra

(< queimar)

  1. adx

    Que queima.

    1. s m

      Peza metálica, xeralmente tubular, soa ou incluída nun aparato máis complexo, que bota unha chama polo seu extremo que serve para iluminar ou quentar.

    2. s m

      Aparato que facilita a combustión do carbón ou dos carburantes líquidos ou gasosos no fogar ou nunha instalación térmica para producir enerxía.

    3. s m

      Peza da cociña de gas por onde este sae e arde. Por extensión, aplícase a calquera peza alimentada por outros tipos de combustible.

    4. s m

      Peza dos quentadores de auga e das caldeiras de calefacción por onde se prende o lume.

    5. s m [FÍS]

      Aparato que se emprega para mesturar un combustible con aire ou osíxeno para ser queimado. Os queimadores de combustibles líquidos ou sólidos (carbón pulverizado) deben asegurar a vaporización do combustible e mesturalo de xeito uniforme co aire necesario para a combustión.

    6. queimador Bunsen [QUÍM]

      Queimador que se utiliza en traballos de laboratorio, cunha entrada de aire regulable mediante un anel xiratorio.

  2. s m [FÍS]

    Dispositivo de inxección do combustible na cámara de combustión dunha turbina que, xunto cun sistema de regulamento, permite o axuste e a limitación da súa velocidade e a restrición da temperatura de entrada do gas.

Palabras veciñas

queimado -da | Queimado, O | queimadoiro | queimador -ra | queimadura | queimalingua | Queimao