Queixo Tetilla
Queixo Tetilla
Denominación de orixe protexida creada pola Orde de 18 de xuño de 1993 da Consellería de Agricultura Gandería e Montes. A produción do leite e a elaboración do queixo abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Emprégase o leite de vaca que procede do gando de raza frisona, pardo alpina e rubia galega. Destaca pola súa forma cónica que semella un peito e que lle dá nome. Presenta unha codia branda, con gretas, de cor amarelada ou abrancazada e a súa pasta é branda, con abundantes fendas. O seu sabor é lixeiramente ácido e salgado e só posúe entre o 25% e o 45% de materia graxa, o que o converte no menos graxo dos queixos galegos. É un queixo fresco, cun período de maduración mínimo de sete días.