quelonio -nia

quelonio -nia

(< grχελώνη ‘tartaruga’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos quelonios.

  2. s m [ANIMAL]

    Réptil da orde dos quelonios.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de réptiles, da subclase dos anápsidos, que se caracterizan por ter un tronco amplo e curto, protexido por unha cuncha formada xeralmente por placas óseas revestidas de placas córneas. Os de cuncha corneo-ósea, esta está dividida en dúas partes, unha dorsal ou superior, e outra ventral, unidas entre elas. A parte dorsal está formada por tres filas de placas óseas, as medias ou vertebrais (no centro), as laterais (ao lado das medias) e as marxinais (nos extremos). A parte ventral está formada por unha dobre fila de placas ventrais, de dimensións diferentes segundo a situación, e unhas placas marxinais. A característica máis importante do seu esqueleto é que a columna vertebral está soldada á parte dorsal da cuncha. O cranio presenta unha ausencia total de fosas temporais, a reprodución é ovípara e a incubación está a cargo da irradiación solar. Presentan unha extrema lonxevidade, poden vivir ata 100 anos ou máis. Existen especies de hábitats terrestres, que teñen dedos libres, e outras acuáticas, que teñen as extremidades transformadas en aletas ou ben os dedos unidos por unha membrana.

Palabras veciñas

queloide | queloidose | quelónido -da | quelonio -nia | Queluz | Quembre | quemose