quen

quen

(

  1. rel

    Forma invariable que introduce, referíndose a persoas, unha cláusula subordinada en que desempeña a función de suxeito ou complemento, facendo referencia a un elemento anterior.

    Ex: Falei cos teus curmáns, quen me contaron o que che pasara. Foi ela quen chamou.

  2. interrog

    Forma invariable que introduce, referíndose a persoas, interrogacións directas ou indirectas, con función de suxeito ou complemento.

    Ex: Quen vai vir comigo?

  3. exclam

    Forma invariable que introduce, referíndose a persoas, enunciados exclamativos, con función de suxeito ou complemento.

    Ex: Quen fora vinte anos máis novo!

  4. indef

    Forma invariable que funciona como suxeito ou complemento en oracións que forman parte doutra principal e que equivale a ‘aquel que’, ‘o que’ ou ‘alguén que’.

    Ex: Quen non mira non pode ver. Quen vaia recibirá un premio.

Palabras veciñas

Quembre | quemose | Quemoy | quen | quencer | quenda | Quende