Quenlla, A

Quenlla, A
[MÚS]

Conxunto musical galego aparecido en 1984. Contou con músicos procedentes doutras formacións, especialmente de Fuxan os Ventos, cun gusto común pola música galega con incorporacións vocais. Musicaron moitos poemas de autores galegos como Manuel María, Celso E. Ferreiro ou Darío X. Cabana. Tamén puxeron música a vídeos documentais da produtora Ophiusa, como A historia da lingua galega, 70 anos de nacionalismo ou Luís Pimentel. Dos seus discos destacan Os tempos inda non, non son chegados (1986), Máis alá da néboa (1990), A casa que nunca tivemos (1996), Namórate da vida (1999) e Silencios na memoria (2004).