querubín

querubín

(

  1. s m [RELIX]

    Espírito celestial -anxo- que forma parte do terceiro coro da orde anxélica na xerarquía de Pseudo-Denís. O nome provén de karibu, divindade asiria que intercedía polos homes diante dos deuses principais e que se representaba en forma de home, touro, aguia ou león alado. A Biblia mencionounos en relación ao Paraíso e na representación diante da Arca da Alianza e no templo de Salomón.

  2. s m [ARTE]

    Pintura ou escultura que representa un neno con dúas ás.

  3. s m [HERÁLD]

    Anxo representado cunha cabeza de neno con dúas ás.

  4. s m

    Persoa dunha gran beleza, especialmente un neno.

    Sinónimos: serafín.