quilla

quilla

(< fr quille)

  1. [MAR]
    1. s f

      Peza lonxitudinal metálica ou de madeira que se dispón de proa a popa, na parte inferior do casco, prolongando a proa pola roda e a popa polo codaste, e que pode ser considerada a base de toda a estrutura da embarcación e o seu eixe lonxitudinal.

    2. quilla de abaneo

      aleta estabilizadora.

  2. s f [ZOOL]

    Liña, lámina ou estrutura sobresaínte, xeralmente aguda, semellante á quilla dun barco. Aplícase especialmente á parte sobresaínte do esterno das aves.

  3. s f [BOT]

    Conxunto dos dous pétalos inferiores dunha corola papilonácea.