quilópodo -da
quilópodo -da
(< 2 quilo-+ -podo)
-
adx
Relativo ou pertencente aos quilópodos.
-
s
m
[ANIMAL]
Miriápodo da clase dos quilópodos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Clase de miriápodos que comprende individuos co corpo alongado, estreito e tamaño moi variable, planos dorsoventralmente, segmentados e cunha parella de apéndices rematados en uña en cada segmento. Desprázanse rapidamente, foxen do lume e durante o día viven baixo as pedras, na follaxe ou en covas. Son predadores nocturnos e carnívoros, aliméntanse de vermes, insectos e caracois. Forman un grupo moi numeroso, cunhas 2.500 especies ás que pertencen os cempés e a escolopendra.