Quinta Longa, pazo de

Quinta Longa, pazo de

Construción situada en Santalla de Vilausende (Ribadeo). Conserva a estrutura primitiva, con patio de entrada e corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. O conxunto, rodeado por unha muralla, complétase cun pombal hexagonal e unha capela dedicada á Inmaculada. No muro L destaca unha pedra de armas dos Montenegro e Luaces.