Quinteiro da Cruz, pazo de ou pazo de Seara

Quinteiro da Cruz, pazo de ou pazo de Seara

Construción situada en Lois (Ribadumia). Edificado en 1790, a casa conta cun patio interior, capela cunha pía bautismal (s XVI), dous cruceiros (ss XVIII), dous hórreos (s XVIII e s XIX), un pombal, estanque e adega, en que se elabora viño albariño, así como augardentes e licores con denominación específica. A finca conta cunha parte dedicada ao cultivo de viño e outra formada por xardíns con máis de 850 variedades de camelia.

Palabras veciñas

Quinte | Quinte, Santalla de | quinteiro | Quinteiro da Cruz, pazo de ou pazo de Seara | Quinteiro Fiuza, Luis | Quintela | Quintela