2 quinto -ta

2 quinto -ta

(< lat quintu)

  1. adx

    Que ocupa o lugar número cinco nunha serie.

  2. adx e s m

    Que equivale a cada unha das porcións que resulta de dividir un todo en cinco partes.

  3. s m

    Botella de cervexa que equivale a 1/5 de litro.

  4. [HIST]
    1. s m

      Dereito que percibía o señor da terra ou o monarca sobre as vendas ou concesións de algo, e que se correspondía cunha quinta parte do valor das mesmas.

    2. quinto real

      Tributo percibido pola Coroa de Castela desde a época medieval, que correspondía á explotación das minas dos seus dominios, das que recibían os dous terzos da produción.

  5. s m [NUMIS]

    Moeda castelá, referida ao ordenamento de 1373, concedido por Enrique II de Castela.

  6. s m

    Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘cicel’.

Palabras veciñas

Quintín, san | 1 quinto | Quinto | 2 quinto -ta | Quinto de Esmirna | Quinton, René | quintuplicación