Rábade, ponte de
Rábade, ponte de
Construción situada sobre o río Miño ao seu paso por Rábade. Realizouse con laxes de xisto e presenta seis vans antigos (ss XIV-XV), formados por arcos oxivais, e tres novos. Os tallamares son triangulares. Foi ancheada con formigón. Atópase na estrada da Coruña a Lugo.