radical
(< lat radīce ‘raíz’)
-
adx
Relativo ou pertencente á raíz.
-
adx
Que é esencial ou fundamental.
-
adx
Que se produce de maneira completa.
-
adx e s
Que ou quen é pouco tolerante e non ten termo medio.
-
[POLÍT]
-
adx
Relativo ou pertencente ao radicalismo.
-
s
Partidario do radicalismo.
-
adx
-
[LING]
-
adx
Relativo ou pertencente á raíz dunha palabra.
-
s
m
Elemento lingüístico común separado espontaneamente tras a comparación dunha serie de palabras emparentadas e que leva a idea común a todas elas. O radical é cada unha das formas tomadas pola raíz dunha palabra, as cales poden ter realizacións diversas mediante a anexión de desinencias gramaticais. Nas palabras cantarei, cantadela e cantar aparecen os radicais cantar-, canta- e cant-, pero unha soa raíz, cant-.
-
adx
-
[MAT]
-
adx
Aplícase á cantidade ou expresión afectada polo signo √ .
-
s
m
Signo √ que se emprega para indicar a raíz enésima dunha cantidade ou expresión. Indícase nel ademais o índice n da raíz, excepto se n = 2, é dicir, no caso da raíz cadrada.
-
centro radical
Punto que ten a mesma potencia respecto a tres circunferencias.
-
eixe radical
Recta formada polos puntos que teñen a mesma potencia respecto a dúas circunferencias.
-
adx
-
s
m
[QUÍM]
Concepto desenvolvido por J. Liebig e F. Wölher en 1832 para describir agrupamentos atómicos que permanecen inalterados ao longo de transformacións químicas diversas, en contraposición ao grupo funcional. Durante o s XIX tendeuse a considerar as moléculas como compostos de radicais e grupos funcionais, o que deu orixe á nomenclatura rádico-funcional. A efectos de nomenclatura, a noción de radical goza aínda de importancia, e considérase como tal un grupo de átomos derivado formalmente dun hidrocarburo ou un heterociclo por perda dun ou máis átomos de hidróxeno, e que aparece como substituínte dun grupo funcional na cadea principal dunha molécula. Os radicais libres son intermediarios de grande importancia en diversos procesos e fenómenos como a fotólise, a pirólise, a polimerización, a oxidación e a contaminación ambiental.