Radio Nacional de España

Radio Nacional de España
Nome científico: [RNE]
[COMUN]

Organismo de radiodifusión do Estado español creado o 19 de marzo de 1937. Tivo os primeiros estudios en Salamanca, ata que foron trasladados a Burgos. Por orde ministerial, entre 1940 e outubro de 1977 foi a única que ofrecía noticias, polo que o resto das emisoras tiñan que conectar con ela. Tras a absorción doutras emisoras do franquismo comezou a diversificar a súa oferta coa Segunda Programación de RNE (1957), logo Radio Clásica, Radio Exterior (1977) e Radio 3 (1979). A oferta completouse con Radio 4, para Catalunya, e Radio 5, dedicada só á información. En 1964 comezou un período aperturista e de abandono da rixidez, sobre todo nos informativos. De ser propiedade estatal, pasou a sociedade anónima estatal (1980) e abriu correspondencias nas principais cidades do mundo. Constituíu a Orquesta Sinfónica de RNE (1947) e o Coro (1950), e a partir de 1972 os seus estudios establecéronse en Prado del Rey (Madrid).

Palabras veciñas

Radio Gestión Publicidade | Radio Líder | Radio Minuto | Radio Nacional de España | Radio Voz | 1 radio- | 2 radio-