radioestesia

radioestesia

(< 1 radio- + estesia)

s f [FÍS]

Conxunto de fenómenos complexos que se manifestan por unha determinada sensibilidade do organismo humano ás radiacións emitidas ou absorbidas polos obxectos que ten preto. Os instrumentos utilizados son a variña e o péndulo; as radiacións dos obxectos provocan a torsión da variña ou a oscilación do péndulo. Foi utilizada para detectar correntes de auga subterráneas e veas metalíferas.

Confrontacións

rabdomancia