radiómetro

radiómetro

(< 1 radio-+ -metro)

s m [FÍS]

Aparato que se emprega para medir a enerxía dunha radiación. O primeiro radiómetro foi construído por W. Crookes para medir a enerxía radiante que proviña do Sol, e consistía nun recipiente de vidro cun muíño de aspas ennegrecidas por un lado que se poñía en movemento cando se expoñía aos raios luminosos ou caloríficos.