radiosonda

radiosonda

(< 1 radio-+ sonda)

s f [AERON/METEOR]

Instrumento meteorolóxico para ao estudo das propiedades do aire nas alturas. Consiste nun pequeno barómetro aneroide, un termómetro bimetálico e un higrómetro de absorción, colocados nunha caixa protectora que permite o paso do aire ao seu través. A caixa contén tamén un pequeno transmisor de radio. O conxunto vai suxeito a un globo sonda que o eleva e é transportado polo vento.