radon
(< 2 radio + -on)
Elemento químico gasoso de número atómico 86 e peso atómico 222,02, do grupo 0 da táboa periódica, o máis pesado dos gases nobres. Foi descuberto en 1900 por F. E. Dorn, quen o chamou “emanación do radio”, e illado en 1908 por W. Ramsay e R. W. Gray, que o denominaron niton. Coñécense 18 isótopos, todos radioactivos, dos que o máis estable é o 222Rn, que se orixina a partir do 226Ra mediante emisión á. Goza dunha vida media de 3,8 días e orixina polonio por emisión á: 222Rn D 218Po + 4He. O 222Rn é un gas monoatómico incoloro, que se obtén facendo burbullar aire a través de solucións de sales de radio e separándoo do aire recollido. Ten aplicacións fundamentalmente en medicina, e tamén se emprega en estudos cinéticos polas propiedades ionizantes das partículas á que emite. Presenta unha elevada toxicidade debida tanto a el mesmo coma ao polonio que orixina na súa desintegración radioactiva.