ragnarök*

ragnarök*
s m [MIT]

Mito escandinavo sobre a fin do mundo (‘destino final dos deuses’), emparentado cos cantos da Edda. Tras unha terrible loita dos deuses (Odín, Frey e Thor) cos espíritos malignos (Fenris, Surtur e a serpe de Midgard), morren os deuses e desaparece o mundo nun incendio. Non obstante, logo nace unha nova terra en que os superviventes recomezan unha vida fraterna e feliz.