Raigame
Raigame
[PUBLIC]
Revista publicada en Ourense a partir de maio de 1995. Cesou en novembro de 1996 (nº4). Subtitulada “Revista de arte, cultura e tradicións populares”, estivo promovida pola Escola Provincial de Danzas e a Agrupación Castro Floxo, co patrocinio da Deputación de Ourense. Dirixida por Mariló e Xulio Fernández Senra, incluíu artigos relacionados coa antropoloxía, artesanía, tradicións, agricultura, cine, lingua e literatura galegas.