rálido
rálido
(< lat científico Rallus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos rálidos.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos rálidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Familia de aves da orde dos gruiformes, de 13 a 52 cm, co dedo posterior moi curto e máis alto ca os outros, o pescozo e a cola curtos, os tarsos altos, os dedos longos, o bico estreito e curto ou pouco longo, e un aspecto compacto. Habitan preto da auga, en pantanos, lagos e prados húmidos de todo o mundo, excepto nos polos. Comprende xéneros como Fulica, Rallus, Porphyrio e Gallinula, etc. En Galicia algunhas especies desta familia son o rascón de auga (Rallus aquaticus), a pita negra de auga (Fulica atra) ou a galiñola (Gallinula choropus).