ramificación

ramificación

(< ramificar)

  1. s f

    Acción e efecto de ramificarse.

  2. [BOT]
    1. s f

      Acción de botar ramas.

    2. s f

      Disposición das pólas dunha planta.

    3. ramificación monopódica

      Tipo de ramificación en que o eixe principal domina as ramas secundarias que saen del.

    4. ramificación simpódica

      Tipo de ramificación en que o eixe principal non domina as ramas secundarias.

  3. s f [ANAT]

    Cada unha das ramas ou divisións dos vasos e nervios que nacen dun tronco común.

  4. s f [FÍS]

    Desdobramento con que se representa a posibilidade de que o núclido poida desintegrarse de dúas maneiras diferentes, nun diagrama de desintegración dun núclido.

  5. s f [QUÍM]

    Cada unha das cadeas secundarias, simples ou complexas, que teñen orixe na cadea carbonada principal dun composto orgánico.

  6. s f

    Cada unha das partes ou divisións dunha cousa ramificada.

Palabras veciñas

Ramey, Samuel | Ramez | rami | ramificación | ramificar | ramifloro -ra | ramiforme