rampla

rampla

(< fr rampe)

  1. s f

    Terreo que fai pendente.

    1. s f

      Plano inclinado, situado entre dúas superficies de diferente nivel, que se usa, especialmente, para poder subir e baixar cargas reducindo esforzos.

    2. rampla de lanzamento / [BÉL/ASTRON]

      Construción en plano inclinado desde a que se efectúa o lanzamento de proxectís autopropulsados ou de mísiles.

  2. s f [XEOL]

    Zona onde, a través dun plano de encabalgamento, unha masa rochosa sobe sobre outra.

  3. s f [MAT/FÍS]

    Función que crece de maneira lineal co tempo desde cero ata un valor determinado, de acordo polo tanto coa expresión f(t)=kt. É unha función empregada sobre todo en análise transitoria de circuítos eléctricos e sistemas complexos.