Rasamontes, pazo de
Rasamontes, pazo de
Construción situada en Espasante (Ortigueira). Ten planta rectangular e realizouse en cahotaría, parcialmente recebada. Ten patio interior rectangular e no exterior destacan os frontóns sobre as fiestras a xeito renacentista. O conxunto complétase cunha horta e unha plantación de árbores.