Rassemblement pour la République
Rassemblement pour la République
Nome científico:
[RPR]
Partido político francés xurdido en 1976 do Rassemblement du People Français (RPF). De ideoloxia neogaullista, foi fundado por Jacques Chirac. Nas eleccións xerais de 1986, grazas á alianza preelectoral coa Union pour la Démocratie Francaise, conseguiu a maioría relativa na Assemblée Nationale, e J. Chirac foi designado primeiro ministro. En 1988, en cambio, situouse por baixo dos resultados da outra formación de dereita, a UDF. As presidenciais de 1995 comportaron a elección de J. Chirac como presidente da república, reelixido en 2002.