ratel

ratel
Nome científico: [Mellivora capensis, Fam dos mustélidos]
s m [ZOOL]

Mamífero, da orde dos carnívoros, de aspecto arredondado e macizo, ata uns 77 cm de lonxitude, incluída a cola, que ten uns 20 cm. O pelame é negro no ventre, as patas, a cola e a metade inferior dos costados e da cabeza, e gris abrancazado en toda a parte dorsal e na metade superior da cabeza e dos costados. Vive en hábitats moi diferentes, excepto no deserto, na África subsahariana, Arabia, Turquía, o Turkestán, Nepal e India.

Palabras veciñas

rateira | Rateira | rateiro -ra | ratel | ratemes | rateo | ratería