ratificación
ratificación
(< ratificar)
-
s
f
Acción e efecto de ratificar ou ratificarse.
-
s
f
[DER]
Declaración de vontade pola que alguén confirma os negocios que outro terminou en nome seu, pero sen autorización.
-
s
f
[DER]
Procedemento, reservado xeralmente ao parlamento, que consiste na confirmación dos tratados e acordos internacionais subscritos polo poder executivo. Co intercambio mutuo dos instrumentos de ratificación, o tratado firmado constitúe unha parte integrante do ordenamento xurídico dun estado.