Ratio Studiorum

Ratio Studiorum

Nome abreviado de Ratio atque Institutio Studiorum Societatis Iesu, ordenación, promulgada oficialmente en 1599 cando era superior xeral dos xesuítas Claudio Acquaviva, do sistema educativo que había de rexer entre os xesuítas, tanto nos colexios de ensino de laicos coma na formación dos propios membros da orde. Respondía á máis xenuína espiritualidade ignaciana e a súa estrita aplicación universal determinou a expansión e o prestixio da tarefa educativa da Compañía de Xesús durante séculos. Con lixeiras modificacións introducidas en 1616, permaneceu como texto básico fundamental ata 1832, aínda que desde 1696 existía -xunto coa Ratio- unha Instrución con orientacións preparadas polo pedagogo e humanista P. Jouvency. A Congregación Xeral XXXI (1965-1966) estableceu unha maior liberdade na acomodación do sistema xeral educativo en cada lugar e situación concretos.

Palabras veciñas

ratinar | rating* | Ratingen | Ratio Studiorum | ratio* | Ratisbona | Ratisbona, Tregua de