1 rato
(
-
[ANIMAL]
-
s
m
Nome común co que se coñecen algúns roedores da familia dos múridos, como os que pertencen aos xéneros Apodemus, Galemys, Micromys e Mus.
-
rato caseiro [Mus musculus, Fam dos múridos]
Roedor de ata 10 cm de lonxitude e cola do mesmo tamaño, que ten unha pelaxe parda agrisada, fociño aguzado, ollos negros e pequenos, e cola anelada escamosa. É activo principalmente durante o crepúsculo e na primeira metade da noite. É rápido e cauteloso, e vive formando pequenos grupos. Aliméntase de sementes e insectos, e aínda que é orixinario das estepas, a súa distribución é moi extensa, xa que están presentes en toda Europa.
-
rato da fraga [Apodemus flavicollis, Fam dos múridos]
Mamífero de ata 13 cm de lonxitude e outro tanto de cola, que é prénsil, coa pelaxe dorsal parda e a ventral branca, cunha mancha amarela transversal no pescozo, longos pés e grandes orellas. É de costumes nocturnas e aliméntase de sementes, insectos e caracois. Pode localizarse en bosques, matogueiras e cultivos, e distribúese polo centro de Europa e a franxa pirenaica.
-
rato de campo [Apodemus sylvaticus, Fam dos múridos]
Roedor de ata 11 cm de lonxitude, e outros tantos de cola, de pelaxe parda amarelenta no dorso e ventre branco agrisado cunha mancha amarela transversal pequena no pescozo. Ten costumes nocturnas e aliméntase de sementes, brotes e insectos terrestres, e entre os seus inimigos están os raposos e as rapaces nocturnas. Habita en bosques e zonas de matogueira espesa, e distribúese por case toda Europa, na Península Ibérica e en Galicia.
-
rato de almiscre
auganeira.
-
rato espigueiro [Micromys minutus, Fam dos múridos]
Roedor de ata 7,5 cm de lonxitude e ata 7,2 cm de cola, que é prénsil, coa pelaxe parda no dorso e algo máis clara no ventre. Activos de día e de noite, utiliza talos herbáceos para construír os seus niños, colgados de matogueiras, polo que trepa moi ben. Aliméntase de sementes e brotes novos, habita nos lindeiros dos bosques ou en campos de cereais, e distribúese por case toda Europa, agás na Península Ibérica, Grecia, Irlanda e os países nórdicos.
-
s
m
-
s
m
[INFORM]
Dispositivo de diálogo que permite mandar o desprazamento dun punto sobre a pantalla dun visualizador e, así, designar unha zona sobre a súa superficie.
-
[ANIMAL/ICT]
-
s
m
Nome que reciben os peixes teleósteos, dos xéneros Coelorhynchus, Nezumia e Trachyrhynchus, que se caracterizan por presentar o corpo e o fociño moi alongados.
-
rato do Mediterráneo [Trachyrhynchus trachyrhynchus, Fam dos macrúridos]
Peixe teleósteo, entre castaño e agrisado, co corpo moi alongado, o fociño moi longo rematado en punta, cristas laterais agudas, ollos grandes e a segunda aleta dorsal moi longa, de xeito que empalma coa anal, cos raios intermedios maiores ca os outros. Vive na zona bentopeláxica e aliméntase de peixes e crustáceos.
-
s
m
-
rato chato
[ANIMAL/ICT]
Peixe actinopteríxeo de pequeno tamaño, da superorde dos teleósteos, co corpo gris ou acastañado, a cabeza e a boca grande cunha barbela, o fociño curto e un órgano luminoso.
-
rato de mar
[ANIMAL]
Anélido poliqueto errante co corpo ovado e o dorso cuberto de serras curtas e finas. Habita nos fondos de area e lama.