Rattus
Rattus
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos roedores, da familia dos múridos, co pelame pardo, gris ou negro, corpo robusto coa cabeza ben definida, fociño alongado e apuntado, e cola longa, escamosa e formada por varios aneis escamosos. Están moi estendidos, son omnívoros e constitúen unha praga en moitas cidades e cultivos. Teñen unha alta taxa de reprodución e viven formando grupos organizados xerarquicamente. En Europa aparecen as especies R. norvegicus e R. rattus.