Raza Celta
Raza Celta
[PUBLIC]
Revista publicada en Montevideo a partir do 29 de abril de 1934. Cesou en febreiro de 1935 (nº12). Subtitulada “Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo”, funcionou como voceiro desta organización, creada para apoiar o Comité Central de Santiago na campaña a prol da autonomía e o Estatuto en Galicia. De tendencia nacionalista moderada, foi dirixida por Constantino Sánchez.