Rea Silvia

Rea Silvia
[MIT]

Personaxe lendaria de Roma, nai de Rómulo e Remo. Segundo a lenda, o seu tío Amulio, que destronara ilexitimamente ao seu pai Numitor, rei de Alba Longa, converteuna obrigatoriamente en vestal para asegurarse a descendencia. Tivo amores clandestinos e admítese xeralmente que foi amante de Marte. Ao evidenciarse o seu embarazo, foi encarcerada e liberada da morte inmediata grazas á intervención da súa curmá Anto. Morreu despois do parto ou liberada polos seus fillos, Rómulo e Remo.

Palabras veciñas

rea | Rea | Rea | Rea Silvia | reabastecemento | reabastecer | reabrir