Recamán
Recamán
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de azul, un brazo armado de prata, nacente do flanco sinistro, que empuña unha espada fendente, do mesmo, acompañado en punta dunha cabeza de mouro coroada de ouro e degolada.