Recemil, pazo de

Recemil, pazo de

Construción situada en Poutomillos (Lugo). Ten planta rectangular e foi realizado en cachotaría, reforzada nos ocos e nas esquinas. Foi residencia de verán do bispo de Lugo Caietano Gil Taboada. Ten un soportal acaroado que dá entrada ao xardín traseiro. Nas súas proximidades sitúase unha capela. Conta con dous escudos, un situado na parte central da fachada principal e outro de maior tamaño que alude aos Seixas e aos Aguiar.

Palabras veciñas

Recelle | Recelle, pazo de | Recemel | Recemil, pazo de | recendente | recender | recendo