receptor -ra
(< lat receptōre)
-
adx e s
Que ou quen recibe algo.
-
adx e s
m
[COMUN]
Aplícase ao aparato destinado a recibir un sinal dunha determinada clase, como por exemplo as ondas electromagnéticas, os impulsos eléctricos, a radiación luminosa ou as ondas acústicas, entre outros.
-
s
m
[DER/HIST]
Escribán que, comisionado polas chancelarías e audiencias ou polo consello supremo, practicaba dilixencias xudiciais.
-
adx e s
m
[TECNOL]
Aplícase ao sistema sobre o que se aplica directamente unha forza motriz ou un movemento.
-
[FISIOL]
-
s
m
Cada unha das formacións especializadas, repartidas no interior dos tecidos, músculos, vasos sanguíneos e vísceras, que transforman un estímulo mecánico, térmico, químico ou eléctrico nunha mensaxe nerviosa aferente, sensitiva ou sensorial.
-
s
m
Grupo químico da membrana celular, inmunoloxicamente compatible e, polo tanto, capaz de combinarse co antíxeno.
-
receptor adrenérxico
Receptor do sistema adrenérxico, sensible á adrenalina e a outros neurotransmisores, presente na maioría das terminacións posganglionares simpáticas e nalgunhas sinapses do sistema nervioso central. Poden ser receptores á, sensibles especialmente á noradrenalina, e receptores â, sensibles especialmente ao isoproterenol, e ambos os dous sensibles á adrenalina. A estimulación á-adrenérxica provoca, en xeral, vasoconstrición e contración muscular mentres que a estimulación â-adrenerxética tanto pode provocar estimulación (receptores â 1 ) como inhibición (receptores â 2 ).
-
receptor sensitivo
Cada unha das células encargadas de detectar os diferentes cambios que teñen lugar no medio interno ou externo e que poden ser valiosos para a supervivencia do animal ou para unha mellor adecuación ao seu medio.
-
s
m
-
s
[LING]
Persoa que recibe a mensaxe nun acto de comunicación.
-
receptor universal
[FISIOL]
Individuo que pertence ao grupo sanguíneo AB.