Recoletos, Grupo
Recoletos, Grupo
[COMUN]
Holding empresarial de comunicación constituído en Madrid en 1977 por un grupo de xornalistas a partir da compra da cabeceira Actualidad Económica, á que seguiu a adquisición de Telva (1982) e Marca (1984), e o lanzamento de Expansión (1986) e Diario Médico (1992), que fixeron do grupo a corporación líder na prensa especializada. Denominado Recoletos Compañía Editorial SA, tras a fusión de todas as sociedades que o constituían (1992), a compañía británica Pearson converteuse no seu accionista maioritario (1994). A partir de 1995 continuou a súa expansión cara a Hispanoamérica e estendeu os seus intereses a outros medios como a radio, a televisión e internet.