Reconstrución

Reconstrución

Período da historia de EE UU, posterior á Guerra de Secesión, que se estendeu entre 1865 e 1877. En 1867 aprobouse a Reconstution Act, que estableceu o programa de reconstrución do S e as normas para a readmisión destes estados na Unión. A concesión da cidadanía á poboación negra e a súa non discriminación foron algúns dos aspectos que favoreceron os enfrontamentos entre o N e o S, ata que en 1877 se recoñeceu aos estados sudistas a súa autonomía en cuestións raciais a cambio do seu apoio na elección do republicano Rutherford B. Hayes como presidente de EE UU, ademais doutras concesións económicas.