reembolso

reembolso

(< reembolsar)

  1. s m

    Acción e efecto de reembolsar.

  2. [ECON]
    1. s m

      Restitución dunha cantidade, en metálico, en especie ou por medio de documentos de crédito, que previamente fora desembolsada.

    2. s m

      Cobro, por parte do acredor, da cantidade desembolsada.

    3. contra reembolso

      Forma de compravenda por correo en que se fai o pagamento ao recibir a mercancía obxecto do contrato.

Palabras veciñas

reembolsábel | reembolsable | reembolsar | reembolso | reemisor | reemitir | reempregar