reescritura

reescritura

(< re- + escritura)

s f [LING]

Operación ou regra de substitución (rewriting) que, en gramática xenerativa, converte un elemento gramatical noutro ou ben nun conxunto doutros. Por exemplo, F → SN + SV, SN   → D + S, SV → V + C, é unha regra que indica que a frase (F) ha de ser convertida nunha cadea de sintagma nominal (SN) e sintagma verbal (SV); o SN, nunha cadea de determinante (D) e substantivo (S); o SV, nunha cadea de verbo (V) e complemento (C), etc, ata chegar a uns símbolos terminais non susceptibles xa de máis reescritura.