referencia

referencia

(< lat refĕrente)

  1. s f

    Acción e efecto de referir ou referirse.

  2. s f

    Relación que se establece entre varias cousas.

  3. s f

    Conxunto de datos dunha persoa ou cousa sobre as súas aptitudes ou calidades. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

  4. s f [TECNOL]

    Magnitude ou sinal que serve como elemento de comparación nun regulador automático.

  5. home/muller de referencia [ALIM]

    Home ou muller respecto aos que se calculan as necesidades enerxéticas dos diversos individuos. Segundo a FAO (1957), o home de referencia ou tipo ten 25 anos, pesa 65 kg e habita en zonas cunha temperatura media anual de 10°C. A muller tipo pesa 55 kg. As súas necesidades enerxéticas son, respectivamente, 3.200 e 2.300 Kcal. As necesidades enerxéticas doutros individuos calcúlanse introducindo as debidas variacións segundo a idade, o clima, o peso e a actividade. Estes criterios acéptanse universalmente.

Palabras veciñas

refén | refenda | refender | referencia | referencial | referendar | referendario -ria