refinado -da

refinado -da

(< refinar)

  1. p reg

    de refinar ou refinarse.

  2. adx

    Que se caracteriza pola súa delicadeza e exquisitez.

    1. s m

      refino.

    2. s m [IND/QUÍM]

      Conxunto de operacións ás que se someten o petróleo bruto e o gas natural para obter deles combustibles, lubricantes e outros derivados.

    3. refinado de aceites [ALIM]

      Conxunto de procesos e tratamentos aplicados aos aceites para adaptalos ao consumo humano.

    4. refinado de azucres [ALIM]

      Eliminación das impurezas que acompañan o azucre nas súas primeiras materias para facelo aceptable ao consumidor.

Palabras veciñas

referir | referver | refinación | refinado -da | refinador -ra | refinamento | refinar