refinaría
(< refinar)
-
s
f
[IND]
Fábrica ou instalación industrial onde se efectúa o refino dalgún produto natural ou industrial.
Sinónimos: refinería. -
s
f
[IND]
Conxunto de instalacións industriais en que se transforma o petróleo en bruto en produtos como carburantes, combustibles, lubrificantes, gases licuefactos ou asfaltos. Os procesos dunha refinaría pódense dividir en tres grupos: de preparación da carga e fraccionamento, de transformación, e de acabado dos produtos. Nos procesos de preparación, o primeiro tratamento ao que se somete o petróleo é a desalinización, en que se mestura o petróleo en bruto coa auga a unha temperatura de entre 65 - 175°C e despois se somete a unha decantación. A continuación quéntase o petróleo a 320 - 340°C e introdúcese nas unidades de fraccionamento. A unidade fundamental é a columna atmosférica, da que se fan extraccións laterais, que constitúen as fraccións en que se divide o petróleo. En xeral, do extremo superior da columna saen os gases licuefactos do petróleo e a gasolina lixeira; en orde descendente, obtense despois nafta, queroseno, gasóleo e do fondo da columna, o residuo atmosférico. Deste residuo atmosférico saen o fuel, os aceites lubrificantes e os asfaltos. As fraccións pesadas destinadas á produción de aceites lubrificantes teñen que ser sometidas a diversos procesos de extracción, desparafinado e absorción, en función das súas propiedades. Na extracción prodúcese unha fracción rica en asfalto e outra de aceite. O desparafinado elimina as parafinas sólidas (ceras) disoltas no aceite. A absorción é un proceso de acabado que serve para clarificar os aceites. Os procesos de transformación permiten mellorar as propiedades das fraccións lixeiras (reforming, isomerización) ou ben transformar nestas fraccións produtos das fraccións pesadas (cracking térmico, cracking catalítico e hydrocracking) ou das fraccións gasosas (polimerización e alquilación). O cracking térmico produce o peche molecular das cadeas de hidrocarburos e aumenta a produción das fraccións lixeiras, diminúe a viscosidade ou permite obter coque de petróleo. O cracking catalítico aumenta a produción da gasolina a partir de gasóleo. O hydrocracking permite tratar fraccións pesadas moi variadas como o gasóleo e outras. Coa polimerización pódese fabricar gasolina a partir das olefinas. A alquilación produce tamén gasolina. O reforming producen a deshidroxenación de naftenos, a isomerización e ciclización de parafinas e de hydrocracking para mellorar a calidade das gasolinas. Coa isomerización pódese aumentar o número de octanos das gasolinas constituídas por hidrocarburos de cadea lineal, ou ben producir isobutano a partir do n-butano. Os produtos das fraccións lixeiras necesitan someterse, en xeral, aos procesos de acabado para a eliminación do xofre e dos produtos colorantes que conteñen. Entre os procesos de acabado empréganse os tratamentos con hidróxeno, para eliminar o xofre, o nitróxeno e as impurezas metálicas, e a hidrosulfuración, que se aplica a calquera fracción, desde destilados ata gasolinas lubrificantes.
Sinónimos: refinería.