reformado -da

reformado -da

(< reformar)

  1. p reg

    de reformar ou reformarse.

  2. adx [RELIX]

    Que observa unha regra renovada respecto á antiga ou que volve a unha observancia máis estrita da regra.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á Reforma ou á Igrexa Reformada.

    2. s [RELIX]

      Seguidor da Reforma ou da Igrexa Reformada.

    3. igrexa reformada [RELIX]

      Cada unha das comunidades protestantes de tipo calvinista desenvolvidas no continente europeo e as súas misións, en contraposición coas de tipo luterano. Emprégase como sinónimo de presbiteriano, aínda que esta denominación resérvase para as igrexas reformadas británicas, onde o calvinismo se mantivo máis puro ca o congregacionismo e o anabaptismo. En Francia denomináronse tamén hugonotes. Todas estas comunidades teñen por base as confesións de fe, que marcaron a historia do calvinismo. OBS: Adoita empregarse en maiúscula.

Palabras veciñas

Reforma, La | reformábel | reformable | reformado -da | reformador -ra | reformar | reformatorio -ria