reformismo
reformismo
(
s
m
[HIST/POLÍT]
Actitude política que afirma que a transformación dunha sociedade, dun réxime ou dun sistema socioeconómico pode realizarse dentro do marco das institucións existentes, mediante reformas lexislativas sucesivas e sen recorrer á revolución. Pódense destacar catro correntes reformistas: a liberal-burguesa, que actuou dentro das monarquías constitucionais do s XIX e principios do XX; a socialdemócrata ou revisionismo; o reformismo capitalista, que foi un intento de corrixir desde dentro as consecuencias máis dexenerativas deste modo de produción; e o socialreformismo cristián, baseado na doutrina pontificia sobre a cuestión social.