reggae*
reggae*
s
m
[MÚS]
Tipo de música popular de ritmo 4/4, representativa de Jamaica, que se desenvolveu a partir de ritmos dos antigos escravos africanos. Na década de 1950 tivo unha enorme difusión e mesturouse con cantos relixiosos, o rythm and blues e mais o jazz. Estreitamente vinculada aos rastafaris, co tempo as súas letras dotáronse de contido social. Destacaron intérpretes como Jimmy Cliff ou Bob Marley.