Rego, pazo do

Rego, pazo do

Construción situada en Sobreira (Vilamarín). Unha inscrición dátao en 1762. Está formado por diferentes corpos situados ao redor dun patio trapezoidal, a onde se abren dúas solainas con acceso por escaleiras exteriores. Ten unha capela acaroada de planta rectangular e con fachada rematada nunha espadana con volutas. Os brasóns fan referencia aos Enríquez e Mosquera. O conxunto complétase con muíños, un canastro e un pombal.

Palabras veciñas

Rego Seco | Rego Xoaniña | Rego, Paula | Rego, pazo do | Régoa | Regocorto, couto de | Regodola