Reich, Terceiro

Reich, Terceiro

Último imperio alemán (1933-1945), que se identifica co nazismo. A designación de Hitler como chanceler o 30 de xaneiro de 1933 significou a transformación do estado de acordo coas doutrinas do nazismo; entre outras, a fin do parlamentarismo, a suspensión de garantías, a atribución ao poder executivo de facultades ilimitadas e a conversión do Partido Nazi en partido único. O novo estado estivo dotado dun poderoso exército e lanzouse á conquista de materias primas e de mercados, o que levou ao estoupido da Segunda Guerra Mundial.

Palabras veciñas

Reich | Reich, Primeiro | Reich, Segundo | Reich, Terceiro | Reich, Wilhelm | Reichardia | Reichel, Hans