Reis

Reis
[ONOM]

Antropónimo feminino que provén do latín reges ‘reis’. De recente introdución, con este nome refírese á Adoración dos Reis Magos cando estes foron visitar o Neno Xesús a Belén. Tamén ten certa tradición como apelido, Rei, ou grafado ordinariamente como Rey. A súa festividade celébrase o 6 de xaneiro.